SmartPeme imparte o mércores a segunda edición do curso de Wordpress no viveiro de empresas

Como cada primeiro e último mércores de cada mes o servizo de SmartPeme da Deputación dará asesoramento presencial, totalmente gratuíto e personalizado, aos emprendedores, autónomos, pequenas empresas e asociacións do municipio.  Ademais, este mércores, día 25, impartirase a continuidade do Curso Tú página web con WordPress. Será de 19.00 a 20.00 horas.

 

Esta actividade vai dirixida, sobre todo, a usuarios de Wordpress que teñen un coñecemento básico e que queiran profundar no uso de ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.

 

Durante o curso abordarase: a xestión de usuarios, como se importa e se exporta contido, como se fan actualizacións, formularios, maquetación de contido, copias de seguridade, plugins de utilidades e plantillas.

 

O taller estará impartido por Ángel Garrido, técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, SEO, SEM, analítica, redes sociais e branding. Ten máis de catro anos de experiencia en asesoramento TIC.   

 

Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente a través do teléfono 886 202 020 ou no portal  http://www.smartpeme.depo.gal

 

O horario de atención ao público na Estrada para recibir ese asesoramento personalizado son o primeiro e o último mércores de mes en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1