Rubén Pozo ofrece en directo un concerto na Estrada no que mesturará temas do seu último disco cos máis míticos

Será o sábado ás 22.00 horas no Teatro Principal.

 

ruben pozoEste sábado, día 21, A Estrada será escenario do concerto de Rubén Pozo, excompoñente do grupo Pereza. No Teatro Principal, ás 22.00 horas, presentará o seu terceiro traballo que leva por nome Habrá que vivir, cuxo single Caperucita Feroz foi o que primeiro en saír á luz. É un traballo que mostra o reflexo do rock que este artista leva no sangue. Non faltarán tampouco temas dos seus outros discos, incluso os míticos das súas anteriores bandas. As entradas poden mercarse, polo prezo de oito euros, en www.ticketea.com, no departamento de Cultura do Concello, sito no segundo andar, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou na billeteira do Principal o día da actuación.

 

O compositor, músico e intérprete despois do 2017 chegou a ofrecer máis de 70 concertos, tanto como Llanero Solitario on tour como ao fronte da súa banda. Estivo de xira por Arxentina e México e compartiu escenario co estadounidense Mark Olson, fundador de The Jayhawks.

 

Fai cinco anos comezou a súa carreira en solitario, despois de formar parte das bandas Buenas Noches Rose e Pereza, sumando unha traxectoria musical de preto de vinte anos. No seu anterior traballo, En marcha, do 2015, Pozo transmitiu o rock desde unha ampla variedade: do folk á rancheira, do acústico ao eléctrico, acelerado ou co freo posto, no que deixa ver unha influencia americana que mantén en Habrá que vivir, no que hai quen afirma que é un proxecto, este último, cen por cen Rubén Pozo.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1