Programación Cultural - "Raclette"

Ibuprofeno Teatro actuará o venres día 20 de abril ás 21:00 horas no Teatro Principal.


    
racletteDÍA: Venres 20
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (venda anticipada no departamento de Cultura)

 

Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia. Un dos mellores espectáculos en Galicia do ano 2017, texto gañador dos Premios Álvaro Cunqueiro 2014 e María Casares 2017 e finalista nos Premios Max de Teatro 2017.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1