Unha vintena de persoas asisten ao curso de acompañante de transporte e comedor escolar que arrancou esta mañá

A segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado polo Concello da Estrada, comezou esta mañá nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada. No curso participan 20 persoas, todas empadronadas no municipio estradense.

 

curso 2018 1

 

A formación está dirixida a persoas en situación de desemprego da Estrada e forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello para o 2018, sendo unha das suxestións de cursos máis demandadas polos estradenses.

 

 

Este curso, ademais da formación para capacitar ao alumnado para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, permitiralle obter o certificado de manipulador de alimentos. As clases, impartidas pola consultora Sinerxia, serán de carácter presencial, cunha duración total de 16 horas, divididas en catro sesións.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1