O luns remata o prazo para matricularse na Escola Infantil Municipal

O luns, día 16, rematará o prazo de matriculación da Escola Infantil Municipal da Estrada. Realmente, acabaría o día 15, pero desde o Concello indican que, dado que ese último día é domingo, por lei os interesados aínda o poden facer o luns.

 

A matrícula deberá facerse nas instalacións do centro educativo, sito en Figueiroa, cubrindo un formulario que alí poden recoller, tanto en horario de mañá como de tarde. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, apunta que tras cerrarse o prazo publicarase unha lista provisional dos admitidos. Ofértanse un total de 102 prazas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1