Convocatoria do Programa Municipal de Axudas á Creación de Empresas

No día de hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria  do Programa Municipal de Axudas á Creación de Empresas cuio prazo de solicitude comezo o vindeiro luns e estará aberto ata o día 10 de abril.

 

A partida presupostaria para a creación de empresas incrementouse nesta anualidade ata chegar aos 24,000 euros, sende este un dos piares fundamentais das políticas activas de emprego do Concello da Estrada.

 

Esta convocatoria de subvencións pretende acadar a creación de actividade empresarial no noso municipio así como ser un apoio para todas aquelas persoas emprendedoras nos primeiros meses da súa actividade.

 

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017(enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

 

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

  1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.
  1. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.
  1. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.
  1. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.
  1. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

 

Prazo: 10 de abril de 2018

 

 BASES:  http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/03/23/2018009042

*NOTA PARA A TRAMITACIÓN DA AXUDA POLA VÍA TELEMÁTICA: As persoas que tramiten esta axuda pola vía telemática deberán a través da sede electrónica cubrir a instancia xeral que está dispoñible e subir estos anexos como documentación adxunta ao igual que o resto da documentación que se solicita.

Os anexos facilítanse en formato word para que resulte máis sinxela a súa tramitación pero recoméndase que se suban á sede electrónica en formato PDF para evitar calquera cambio de marxes etc.

 

Para resolver calquera dúbida poden as persoas interesadas poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello da Estrada no teléfono 986 677 740, no 986 570 030 ( ext. 4226) ou a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1