All Star infantil

O vindeiro sábado día 24 de marzo, terá lugar no pavillón Coto Ferreiro da Estrada o ALL STAR Infantil 2005. O evento está organizado pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración co Concello da Estrada e o propio clube, o EDM A Estrada, que ceden as instalacións e o persoal do Club.

 

A xornada esta dividida en horario de mañá, onde se farán os adestramentos, e en horario de tarde, onde se disputarán os encontros, que serán ás 16:30 h o Masculino e ás 18:30 h o Feminino.

 

Pola mañá realizarase un adestramento cos dous grupos (masculino e feminino) de nados e nadas no 2005, como preparación ao partido que se disputará pola tarde entre os dous grupos que se dividirán para ese labor en cada unha das categorías, masculina e feminina.

 

O All Star consistirá nun partido amigable entre unhas seleccións Norte e Sur que previamente convocaron os técnicos da FGB elexidos para ese fin para cada unha das categorías. A Categoría Feminina disputará o partido ás 18:30 h e a categoría masculina ás 16:30 h. Para os partidos facilitaráselles unha equipaxe de xogo a cada equipo conformados pola mañá. A comida dos seleccionados e do corpo técnico farase nun Restaurante situado perto do pavillón de xogo. Os partidos son para todo o público que queira asistir ao mesmo.

 

All Star1

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1