Prazo para anotarse na "Actividade de Piscina (segunda quenda 2018) para maiores de 50 anos

Desde mañá ata o 23 estará aberto o prazo para anotarse na segunda quenda da actividade de piscina para maiores de 50 anos.

Tamén poden asistir persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, informa que mañá, xoves día 15, ábrese o prazo para anotarse na segunda quenda das actividades de piscina. Estas están dirixidas aos maiores de 50 anos ou para os menores desta idade que teñan unha minusvalía igual ou superior ao 33%.
O período de inscrición rematará o día 23 de marzo. A actividade terá un custo total de 20 euros e levarase a cabo entre o 2 de abril e o 29 de xuño.
Haberá un total de cinco grupos formados cada un por 12 persoas, polo que se ofertan un total de 60 prazas. Segundo apuntan desde Servizos Sociais é unha iniciativa que ten moi boa acollida e sempre se cobren todas as prazas, quedando incluso xente fóra. Cada persoa admitida asistirá un día á semana durante 45 minutos.

Os horarios serán:
 Os luns de 09.45 a 10.30 horas.
 Os mércores de 9.45 a 10.30 horas e de 20.00 a 20.45 horas.
 Os venres de 09.00 a 09.45 horas a 09.45 a 10.30 horas.

Os interesados en anotarse deberán facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e tamén poderán descargar o formulario da solicitude na páxina web do Concello (www.aestrada.gal) e despois entregalo neste departamento. Para ser admitidos terán que estar empadroados no municipio estradense e non ter participado na anterior quenda. Terase, ademais, en conta a orde de inscrición.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1