Arranca o prazo dun mes para solicitar praza na escola infantil A Galiña Azul da Estrada

As bases e os anexos para presentar as demandas poden recollerse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

 

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación,  Amalia Goldar, comunica que a partir de hoxe, venres 09, haberá un prazo dun mes para solicitar praza para nenos de entre 0 a 3 anos na escola infantil  dependente do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar e integrada na Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2018/2019. As bases saen publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOGA) e estarán a disposición dos interesados no departamento de Servizos Sociais, sito na planta baixa do Consistorio, no que se poderá recoller tamén os anexos para presentar a solicitude.

 

Nestas escolas infantís o curso académico arrancará o 5 de setembro e permanecerán abertas de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e o 24 e o 31 de decembro. Ademais, pecharán ás 15.00 horas os días 5 de xaneiro e o martes de Entroido.

 

As persoas usuarias, dentro do horario de apertura e peche do centro, poderán optar a xornada continua, partida ou por quendas. Tamén, poderán demandar atención educativa con ou sen servizo de comedor.

 

Os prezos que deberán abonar serán establecidos no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, no que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social.

 

As bases e os anexos para presentar as solicitudes poden recollerse no departamento de Servizos Sociais do Consistorio, na páxina web do Concello (www.aestrada.gal), nos enlaces https://sede.xunta.gal ou en https://www.igualdadebenestar.org ou nos propios centros nos que se soliciten as prazas.

 

Descargar bases e anexos.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1