Programación do Teatro Principal

O concerto de Colt 45 será o venres 9 de marzo ás 21.00 h e a comedia "El mundo Lirondo" o sábado 10 de marzo ás 20.30h.

 

concerto country colt45CONCERTO DE COLT 45  

DÍA: 9 de marzo

HORA: 21.00 h

XÉNERO: Concerto country

DURACIÓN: 70 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: 5,00 € 

Eric Clapton, The Mavericks e The Creedence, entre outras bandas, soarán no teatro da man de de Colt 45 The Pecacemakers, unha banda situada entre o country e o rock que se formou en Santiago fai cinco anos. Versiona temas clásicos americanos dos anos 60, 70 e 80.

 

 

 

 

a volta mundo 80 gargalladasEL MUNDO LIRONDO

Premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de teatro de Ciudad Rodrigo.

DÍA: 10 de marzo

HORA: 20.30h

XÉNERO: Comedia xestual

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: Público familiar

ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)

Seguindo o ronsel cómico de compañías como Yllana, a compañía salmantina Spasmo Teatro trae ao Principal o seu Mundo Lirondo, unha viaxe que percorre o mundo polos cinco continentes ao xeito a Volta o ao mundo en 80 días. Nesa viaxe os espectadores descubrirán de xeito divertido novas culturas, novas xentes e paisaxes.  Educativa e divertidísima!

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1