Smartpeme xa opera na Estrada

Desde hoxe, mércores 28, a Estrada conta co servizo de Smartpeme da Deputación de Pontevedra dirixido a emprendedores, autónomos, pequenas empresas, así como diversos colectivos. Poden acceder a este proxecto de maneira gratuíta e haberá asesoría presencial dous días ao mes no Viveiro de Empresas, sito nas instalacións do Novo Mercado. Concretamente, o horario para a atención na Estrada será o primeiro e último mércores de cada mes de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas, agás no mes de agosto que será de 09.00 a 14.30 horas.

 

Ademais do asesoramento personalizado eses dous días á semana de maneira presencial, o proxecto tamén inclúe a realización de diversos talleres. Nun principio, organizaranse un por mes, pero segundo as necesidades e demandas que xurdan, pode ampliarse o número.

 

Este proxecto da Deputación basease nunha rede de puntos nas distintas comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) nos que se prestarán un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TICs e as novas tecnoloxías, en xeral.

 

O obxectivo de SmartPeme é a capacitación tecnolóxica nos diversos eidos empresarias e con esta finalidade o proxecto conta cunha ampla oferta de obradoiros en distintos bloques temáticos: E-Comerce (baseados na integración sobre marketplaces ou e-commerce propios), xestión empresarial (ferramentas online e offline para facilitar as operacións de xestión), ferramentas específicas que teñan aplicación directa sobre a actividade empresarial, talleres sobre toma e edición de imaxes para o seu uso online, marketing dixital, redes sociais, así como creación de páxinas web, posicionamento SEO, SEM, analytics, google, entre outras cuestións.

 

Ademais dos talleres, os interesados poderán obter un asesoramento individualizado e contarán cunha bolsa de dez horas, gratuítas, para incidir en calquera cuestión que o precisen. A parte ofrece un asesoramento vía telemática para facilitar unha solución a todas aquelas persoas ou empresas que non poden acudir ás oficinas habilitadas de Smartpeme. Por outra banda, co seu servizo SmartPeme Conecta relaciona as necesidades dos asociados con provedores locais de solucións TICs, fomentando o impulso económico da provincia de Pontevedra. Desta maneira, o obxectivo final desta liña de servizo é converter ao Viveiro no seu referente tecnolóxico para asociacións empresarias e os seus asociados nas comarcas.

 

Tamén, debido a gran influencia do sector agrario-gandeiro en Tabeirós-Terra de Montes, SmartPeme ten en mente levar a cabo un programa piloto para incorporar as novas tecnoloxías á súa actividade, xa que para reducir a brecha dixital no sector da agricultura, gandaría e silvicultura, SmartPeme conta cunha carteira de servizos específica levando a cabo a maiores obradoiros formativos específicos.

 

Os interesados poderán obter máis información no teléfono 886 202 020, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou na páxina web http://www.smartpeme.depo.gal/web/smartpeme/servicios

 

Os interesados en concertar unha cita para falar sobre o seu negocio ou idea empresarial poden solicitala  no departamento de Emprego do Concello da Estrada, sito no primeiro andar do Consistorio, no teléfono 986 677 740 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1