O Teatro Principal acolle o sábado o musical El pequeño conejo blanco

Esta fin de semana o Teatro Principal dá a benvida a súa programación de primavera que será inaugurada o venres ás 21.00 horas coa actuación do Mago Joel, participante do Got Talet. Xa o sábado os máis pequenos poderán gozar do musical El pequeño conejo blanco ás 12.30 horas e pola noite, ás 20.30 horas, a música correrá a cargo de Rosalía Trío, actuación que conmemora o Día de Rosalía.

 

El pequeño conejo blancoEl pequeño conejo blanco é un espectáculo teatral e musical, baseado nunha fábula portuguesa, que vai dirixido a nenos de entre 2 e 8 anos. É un conto moi recorrente nos centros educativos debido á súa sinxeleza e nivel pedagóxico.

 

El pequeño conejo blanco cartelRelata as aventuras dun pequeno coello que quere recuperar a súa casa. Na historia aparecen máis personaxes como unha cabra, un boi, un can, un galo e unha pequena formiga. Todos eles, demostrarán, a través dunha linguaxe chea de sonoridade e rima, que un minúsculo animal pode gañar a partida, incluso ao más grandullón.

 

Na narración trátanse temas tan importantes para os cativos como son a amizade, as aparencias, a perseveranza, o egoísmo e a valentía. A valentía non só para enfrontarse a calquera situación, senón tamén a necesaria para pedir axuda.

 

No escenario haberá unha mistura de actores, monicreques e música en directo, da man dun pianista, tendo os tres elementos a mesma importancia. Os actores e os monicreques darán vida aos distintos animais e en ocasións, interactuarán co  público facéndoo partícipe da historia, rodeados dun decorado infantil e máxico. A música, en directo, forma parte do conto, con cancións que permiten coñecer ás personaxes.

 

O musical, da compañía de teatro Espiral Mágica, ten unha duración aproximada dunha hora. Está dirixida, adaptada e interpretada por Georgina Cort, a música en directo corre a cargo do pianista Josep Ferré e está interpretada tamén polo actor Pol Nubiala.

 

As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, poden mercarse no departamento de Cultura, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1