Programación do Teatro Principal

O venres 2 ás 21.00 horas a actuación do Mago Joel (Got Talent), o sábado 3 ás 12.30 horas o musical "El pequeño conejo blanco" e o sábado 3 ás 20.30 horas o concerto Rosalía Trío.

 

ACTUACIÓN DO MAGO JOEL

mago joel marzoDÍA: venres 2 de marzo

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: Maxia

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: 10,00 (anticipada no Concello da Estrada, Boliche e www.woutick.es) / 13,00 (billeteira)

SINOPSE: O gañador de Got Talent Magic e finalista de Got Talent España xira por terras galegas despois de percorrer toda España co seu novo espectáculo de maxia. Considerado como un dos mellores magos do mundo na actualidade, o Mago Joel vén de participar como cabeza de cartel no prestixioso Festival Internacional do Humor de Bogotá. Imprescindible para os amantes da maxia!

 

 

 

MUSICAL "EL PEQUEÑO CONEJO BLANCO"

Sábado 3 ás 12.30 horas.

 

 

 

 

CONCERTO ROSALÍA TRÍO

O sábado, día 3, ás 20.30 horas no Teatro Principal será a actuación da agrupación Rosalía Trío, formada pola pianista Margarita Viso, o óboe de Juan Pérez Berná e a mezzosoprano María José Ladra. Un concerto no que a música clásica e tradicional se fusiona cos versos de Rosalía. A entrada será gratuíta, pero será necesario retirar previamente as invitacións no departamento de Cultura, sito no segundo andar da Casa Consistorial de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou recollelas na billeteira do teatro ese mesmo día, ata que se complete o aforo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1