As invitacións para o concerto Rosalía Trío do sábado poden recollerse no departamento de Cultura

Mañá arrancan os actos de conmemoración a Rosalía de Castro no MOME.

 

O Concello da Estrada comenzará mañá, martes 27, cos seus actos para conmemorar o 181 aniversario de Rosalía de Castro. A cita será ás 20.00 horas no Museo do Moble e da Madeira (MOME) e contará coa   participación do alumnado dos centros educativos estradenses, así como de persoas de diversas partes do mundo. A música será outro dos ingredientes que non faltará para lembrar a Rosalía e disto dará mostra a actuación de Rosalía Trío o sábado, día 3, ás 20.30 horas no Teatro Principal.

 

O acto de mañá incluirá un recital de varios poemas de Rosalía de Castro por parte do alumnado dos colexios de Oca, do Pérez Viondi, do Foxo, do Nosa Señora de Lourdes, de Figueroa e do Cabada Vázquez, así como dos institutos Nº1, do Antón Losada Diéguez e do Manuel García Barros. A programación completarase coa proxección dun vídeo ideado polo departamento de Cultura e dirixido polo estradense Lucas Terceiro, que baixo o lema Rosalía Infinda, trata de poñer en valor a proxección universal da obra de Rosalía a través dunha serie de secuencias fragmentadas en distintas linguas e imaxes chegadas de diferentes puntos do planeta.

 

O outro acto será o sábado, día 3, ás 20.30 horas no Teatro Principal coa actuación da agrupación Rosalía Trío, formada pola pianista Margarita Viso, o óboe de Juan Pérez Berná e a mezzosoprano María José Ladra. Un concerto no que a música clásica e tradicional se fusiona cos versos de Rosalía. A entrada será gratuíta, pero será necesario retirar previamente as invitacións no departamento de Cultura, sito no segundo andar da Casa Consistorial de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou recollelas na billeteira do teatro ese mesmo día, ata que se complete o aforo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1