Rolda de prensa da presentación da programación cultural Primavera no Principal

Palabras de Juan Constenla, concelleiro de Cultura.

 

programacion primaveraUn ano máis procedemos a presentarvos a programación cultural de primavera na que seguiremos a insistir nas tres liñas que veñen definindo a nosa liña de actuación: diversidade, calidade e eventos accesibles a tódolos veciños.

 

Son preto de 40 eventos que visitarán a nosa vila de aquí ao verán. Corenta eventos repartidos entre o Teatro Principal e as parroquias, que entre os meses de marzo e xuño, acollerán a décimo terceira edición do ciclo O Teleclub da Comedia.

 

Se vos parece comezaremos pola apartado de infantil.

 

O ciclo Colorín Colorado volverá ter un lugar destacado na nosa carteleira. Ábrese o 3 de marzo cun musical El pequeño conejo blanco da compañía catalá Espiral Mágica. Unha semana máis tarde chegará un dos pratos fortes do apartado de espectáculos familiares. Trátase da obra El Mundo Lirondo da compañía leonesa Spasmo Teatro. É unha adaptación ao estilo Yllana da Volta ao mundo en 80 días.

 

Xa en abril contaremos coa presenza do mago Cayetano Lledó e a compañía pontevedresa Baobab.

 

Tamén a música terá unha notable presenza na nosa carteleira. O 21 de abril estará un dos membros de Pereza no Principal. Refírome a Rubén Pozo que virá presentarnos os temas do seu último disco.

 

Neste apartado temos eventos para todos os gustos e de todos os estilos: Colt 45, Rosalía Trío, Óscar Ibáñez, Manoele de Felisa, Dextrum Ensemble, ademais de agrupacións locais como a Banda Municipal, a Coral Polifónica Estradense ou Os Lóstregos formarán parte da nosa carteleira.

 

Pola súa banda, no apartado de teatro para adulto contaremos tamén con cinco espectáculos de primeirísimo nivel. Comezaremos en marzo coa obra O tolleito e inishann, a peza dirixida por Cándido Pazó que levou o premio María Casares ao mellor espectáculo do ano 2017.

 

Ademais do Tolleito contaremos tamén con espectáculos como Estado de graza de Teatro do Noroeste , Mr Kebab do catalán Joan Strader, Raclete, de Ibuprofeno Teatro, Bicos con lingua, de Talía Teatro e Departamento de selección da compañía estradense Disfunción Continua.

 

E para abrir boca, un dos pratos fortes: a semana próxima visitará o Principal o gañador do programa Got Talent: o Mago Joel de Cuba, un dos mellores magos do panorama internacional.

 

Tamén o formato dos monólogos, tan apreciado polos veciños, estará representado por un dos mellores dúos cómicos nacionais: Antílopez. Un dúo colaborador do Hormiguero e do programa Late Motiv de Buenafuente, que mestura a canción de autor e os monólogos con grande talento.

 

Anunciarvos tamén, en absoluta primicia, que xa está pechada para o 9 de novembro a presenza no Principal de Luís Piedrahita. En poucas semanas poñeranse á venda as localidades deste evento.

 

Estas e algunha máis son as agrupacións e artistas que conforman o cartel cultural desta primavera. Comenzamos agora o labor de difusión nas nosas webs, Redes Sociais, APPS, whatsapp, ou Tlegram... para que todos os veciños coñezan con antelación, e ao detalle, todo o relativo aos eventos programados: venda anticipada de entradas, horarios das funcións, características dos espectáculos....

 

Non queremos que ningún veciño poidan quedar á marxe dunha programación tan importante e atractiva. Unha programación que quere e debe estar á altura da actividade e do prestixio que a nosa vila goza en materia cultural.

 

Descargar o desglose da programación cultural primavera

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1