A Estrada conmemora o Día de Rosalía o martes e o 3 de marzo con poesía e música

Este sábado, día 24, celébrase o Día de Rosalía, xornada na que se lembra o nacemento desta ilustre, sendo este ano o seu 181 aniversario.

 

Dia de RosalíaO Concello da Estrada súmase á conmemoración desta data e farao con dos actos, un este martes, día 27, e o outro o 3 de marzo.  En ambas xornadas os versos da poetisa galega máis universal estarán moi presentes contando coa participación do alumnado dos centros educativos estradenses, así como de persoas de diversas partes do mundo. A música será outro dos ingredientes que non faltará para lembrar a Rosalía.

 

cartel Dia de RosaliaPrimeiramente, o Museo do Moble e da Madeira (MOME) acollerá o martes, día 27, ás 20.00 horas o primeiro acto no que algúns dos versos de Cantares Gallegos e de Follas Novas serán recitados por alumnado dos colexios de Oca, do Pérez Viondi, do Foxo, do Nosa Señora de Lourdes, de Figueroa e do Cabada Vázquez, así como dos institutos Nº1, do Antón Losada Diéguez e do Manuel García Barros. “Será un acto moi sinxelo, pero tamén moi emotivo”, indicou Juan Constenla, concelleiro de Cultura, esta mañá durante a presentación dos eventos.

 

A xornada completarase coa proxección dun vídeo ideado polo departamento de Cultura e dirixido por Lucas Terceiro, que baixo o lema Rosalía Infinda ten como obxectivo transmitir a idea de que Rosalía está moi presente en todo o mundo.  “É un videoclip que trata de poñer en valor a proxección universal da obra de Rosalía a través dunha citación fragmentada en distintas linguas e imaxes chegadas de todos os puntos do planeta”, explica o edil.

 

O outro acto será o 3 de marzo ás 20.30 horas no Teatro Principal coa actuación da agrupación Rosalía Trío, formada pola pianista Margarita Viso, o óboe de Juan Pérez Berná e a mezzosoprano María José Ladra. “Un concerto no que a música clásica e tradicional se fusiona cos versos de Rosalía e seguro que vai ser o desfrute de todos os asistentes”, apunta o edil.

 

A entrada será de balde ata completar o aforo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1