O luns remata o prazo para anotarse nos cursos de preparación do Celga

Na Estrada impartirase o Celga 3 no IES Antón Losada Diéguez.

 

Mantense aberto o prazo ata o luns, día 26 de febreiro, para anotarse nos cursos de coñecemento da lingua galega (Celga) convocados cada ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Os cursos serán de 72 horas e totalmente gratuítos. Entre a lista de lugares nos que están previsto que se impartan figura A Estrada. Aquí impartirase concretamente o Celga 3 no IES Antón Losada Diéguez.

 

O horario previsto será de luns a xoves de 18.30 a 21.00 horas arrancando o 3 de abril ata o 23 de maio.

 

Os cursos preparatorios poderán solicitalos todas as persoas maiores de 16 anos ou aquelas que o fagan no ano natural da convocatoria, que queiran mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

 

Os interesados poderán obter máis información, e descargar o formulario de inscrición, no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.pdf  Para levarse a cabo cada curso ten que haber un mínimo de 15 persoas.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1