O XVI Trofeo SondoDance incorpora este ano os bailes caribeños e a danza coreográfica

O campionato será o día 4 no pavillón Manuel Coto Ferreiro.

 

Trofeo SondoDance 2018O baile será o gran protagonista o domingo día 4 de marzo na Estrada. O motivo: a celebración do XVI Trofeo SondoDance Concello da Estrada que se celebrará no pavillón municipal Manuel Coto Ferreiro. Esta mañá o concelleiro de Deportes, Ismael Pena, e o presidente de Sondodance, Juan Carlos Romero, deron todos os detalles. A competición arrancará a partir das 11.00 horas e terá un horario ininterrompido que, dependendo do número de participantes, poderá estenderse ata as 20.00 ou 21.00 horas. Participarán ao redor dunha media de 120 parellas, de idades comprendidas entre os 6 e os 60 anos aproximadamente. As persoas que queiran asistir como espectadores terán que pagar seis euros de entrada.

 

cartel Trofeo SondoDance 2018“Este trofeo de baile deportivo, creo que é un dos máis antigos que hai aquí en Galicia, e este ano, ademais do baile deportivo, tamén incorporamos dúas disciplinas que son relativamente recentes dentro da Federación de Baile Deportivo, que son os bailes caribeños a danza coreográfica que é unha especialidade do baile deportivo que non necesita parella”, sinala Romero. O organizador agarda contar coa gran afluencia de participantes, igual que aconteceu nos anos anteriores. A participación, está entre as 120 e 130 parellas de media, e desde o club estradense competirán unhas 27 e nas distintas categorías do campionato. “Dentro desas 27 hai 11 que este ano se incorporaron novas que moitas son da canteira que estamos facendo coa colaboración co Concello, coas Escolas Deportivas”, sinala Romero.

 

No campionato haberá todas as categorías federadas, desde os niveis máis básicos  ata o máximo e será puntuable para o ranking nacional. “Tamén poden participar parellas de Portugal, aínda que estas  obviamente non puntúan, e xa temos algunha parella de fóra de Galicia, concretamente de Madrid”, adianta o responsable de Sondodance. Ademais, engade Romero  “temos outras series de categorías que aínda son máis de iniciación, xa que son rapaces que están empezando, polo que son categorías que non están federadas, pero isto serve para ir introducíndose no mundo da competición”.

 

Ademais das distingas categorías tamén haberá unha gran variedade de modalidades. Figuran os bailes estándares (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep), os latinos (samba, cha-cha-chá, rumba, pasodobre e jive) e a maiores, e como novidade desta edición, os bailes caribeños e a danza coreográfica.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1