O departamento de Emprego abre o prazo para presentar suxestións de formación que serán subvencionadas polo Concello

O departamento de Promoción Económica, Emprego e Comercio do Concello da Estrada abre o prazo para que as persoas desempregadas e empadroadas no municipio estradense acheguen as súas suxestións de formación. O Concello da Estrada  acaba de habilitar unha partida orzamentaria para a posta en marcha de políticas activas de emprego, na que a formación é un dos eixos angulares.

 

Desde o departamento, liderado polo concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán, entenden que “para que a formación redunde na incorporación das persoas desempregadas no mercado de traballo debe darse unha sinerxía entre o perfil dos nosos desempregados, a  formación que se imparta e os postos de traballo ofertados polas empresas”. Por este motivo, ábrese un prazo de 15 días para que a cidadanía aporte as súas suxestións formativas, as cales se poderán facer a través do portal de emprego municipal www.emprego.aestrada.com, a través da páxina de Facebook Emprego A Estrada ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

As formacións serán subvencionadas polo Concello da Estrada e tentarán ser sempre accións que conten con certificado de profesionalidade que acrediten aos desempregados en sectores de actividade que na actualidade son punteiros na creación de emprego.

 

Os datos do emprego para o ano 2017 foron moi positivos experimentado todos os meses unha baixada no número total de persoas en situación de desemprego, se ben o ano comezou cunha subida das persoas inscritas como demandantes de traballo o cal “entendemos desde este departamento se achaca principalmente a que varios dos plans de emprego que tiñamos no concello chegaron ao seu fin, así como ao feito de que aumentou o número de persoas empadroadas no noso municipio sen descartar a tendencia alcista  que se dou en todo o país”.

 

O departamento de Emprego segue traballando para inverter esta situación. Así, cada día realizase un traballo de recompilación de ofertas de traballo, ofertas de emprego público, ofertas de formación, bolsas, etc,  as cales se publican a través do portal de emprego e as súas redes sociais para deste xeito facilitar a labor de busca ás persoas desempregadas. Na actualidade, a páxina conta con máis de 5.000 seguidores e cun alcance de 12.000 visitas de media semanais.

 

O Concello quere apostar pola creación de iniciativa empresarial na Estrada polo que convocará o próximo mes a súa liña de axudas á creación de empresas co que trata de impulsar a actividade económica no noso municipio. Neste senso, o departamento de Emprego leva informando desde comezos de ano das diversas axudas que a Xunta de Galicia xa convocou para apoiar aos autónomos e ás pemes.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1