Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

 

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4 (ED104B).

 

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

 

Os cursos poden ser presenciais ou de teleformación. 

 

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, ata o 26 de febreiro. 

 

Acceso á resolución: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.pdf

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1