A Casa das Letras amosa a tradición dos Xenerais da Ulla cunha exposición fotográfica

Estará na Estrada ata o 9 de febreiro.

 

exposicion xenerais1Dende hoxe pola mañá a entrada da Casa das Letras da Estrada alberga a exposición itinerante Os Xenerais da Ulla, que este ano aparte do concello estradense, recorrerá os de Teo e Touro. É unha exposición fotográfica que amosa, a través de 35 instantáneas, a esencia desta tradición. Son fotos, a cor e en branco e negro, nas que se poden apreciar aos protagonistas, os atranques, os coros e comparsas, os desfiles...

 

exposicion xenerais2José Ramón Moire, Luismy, José Esteller, Aroa Martínez, Puri Sanguiao, Adolfo Enríquez (Turismo Galicia), Ana María García Túnez, Marcos Míguez, Rubén Estudio Fotográfico, Ramón Torrente e José López (Jolope) foron os fotógrafos que capturaron eses momentos que en conxunto reflicten a natureza e vivencia desta celebración que abarca os municipios da Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Tamén hai fotos cedidas por veciños.

 

A mostra estará na Estrada ata o 9 de febreiro e os interesados poden acudir a vela en horario de luns a venres de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1