Radio Estrada emitirá os mércores, a partir do día 7, un espazo adicado á busca de emprego

É unha iniciativa en conxunto co Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural.

 

O Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada xunto a Radio Estrada porán en marcha un proxecto consistente na emisión dun espazo dedicado ao emprego e orientado a tratar diversos temas relacionados coa busca de traballo como a configuración do currículo, as entrevistas de selección…entre outros. É unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a empregabilidade dos cidadáns que estean inmersos na busca activa de emprego ou daqueles que queiran cambiar de posto de traballo.

 

Durante o programa aportaranse ferramentas que poidan ser útiles de maneira xeneralizada e empregarase unha linguaxe sinxela e accesible a todos os oíntes. Ademais, o programa contará coa intervención puntual de persoas expertas en diferentes ámbitos relacionados con esta materia e que achegarán o seu punto de vista. Así mesmo, un dos aspectos máis interesantes desta iniciativa é que calquera  oínte poderá participar deixando as súas dúbidas ou comentarios no número de Whatsapp 644 165 966 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

O horario deste espazo radiofónico será cada mércores, a partir do día 7 de febreiro, de entre 11.15  a 11.30 horas dentro do programa A Galería no 107.7FM e tamén poderán seguilo en directo a través de  web www.radioestrada.com

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1