Convocatoria de axudas para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I para as empresas de nova creación e do Programa II as empresas cualificadas como iniciativas locais de emrpego de base tecnolóxica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

 

Entidades beneficiarias

 

1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

 

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

 

2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

 

*Nota: Este recoñecemento precisa dun informe por parte do Concello da Estrada. Podes consultarnos no 986 677 740 ou986 570 030 ( ext. 4226)

 

3. As persoas promotoras para a axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

 

Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

 

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I.

 

Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E)

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.

 

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180126/AnuncioG0424-291217-0006_gl.pdf

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1