O programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III recibiu 170 candidaturas das que xa se seleccionaron as 85 propostas

O Concello traballa no novo plan de emprego e na posta en marcha de diversos obradoiros laborais.

 

pie2Por terceiro ano consecutivo, a Fundación Cultural A Estrada está xestionando o Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do municipio. O número de participantes do programa integrado é de 85 persoas pertencentes ao colectivo de Persoas desempregadas de longa duración. Esta iniciativa arrancou o pasado 1 de decembro e prologarase ata o 30 de novembro deste ano. Esta mañá Carlos Andújar da Fundación Cultural A Estrada, o alcalde estradense, José López, e o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán, recibiron no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) aos 85 seleccionados que se beneficiarán deste programa. A selección comezou o 11 de decembro e presentáronse un total de 170 aspirantes.

 

O programa A Estrada Activa III contempla un obxectivo de inserción dun 31%, que corresponde a 26 insercións laborais que se levarán a cabo durante 12 meses, dende o pasado mes de decembro ata o 30 de novembro de 2018. Este programa realizará diversas accións: aportará información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas; mobilidade laboral e todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

 

pie1 “É preciso ir coñecendo o perfil de cada un para levar a cabo un itinerario de inserción e formativo con cada un de vós. Dicir que xa  está habendo empresas que se están poñendo en contacto con nós para requirirnos perfís determinados. Tamén xa hai en marcha algunha actividade formativa, como inglés os sábados ou a primeira edición do curso de prevención de riscos. E poñeremos en marcha moi pronto o de carretillero e seguramente, o de actualización dos perfís de administrativo que hai”, apuntou Carlos Andújar que lles pediu aos beneficiarios toda a implicación posible para cumprir con éxito os obxectivos desta iniciativa. Andújar tamén lles comunicou aos presentes que o prazo para apuntarse para obter a certificado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou para a acreditación de postos relacionados coa rama Sociosanitaria está a punto de vencer.

 

Experiencia nestas iniciativas

 

A Fundación Cultural A Estrada xa xestionou nos últimos dous anos Programas Integrados de Emprego con 60 persoas no que se acadaron as seguintes insercións:

 

__PIE A Estrada Activa I 2015-2016, incorporación ao mercado laboral de 44 persoas das cales 36 cumpriron no período do plan polo menos tres meses de alta na Seguridade Social.

 

__PIE A Estrada Activa II 2016-2017, incorporación ao mercado laboral de 51 persoas das cales 32 cumpriron, polo menos, tres meses de alta na Seguridade Social neste período.

 

pie3

“Este ano quixemos ser un pouco máis ambiciosos que en anos anteriores, que faciamos un programa para 60 desempregados, e todas as veces os resultados sempre foron bos, e moitas desas persoas a día de hoxe seguen traballando. Este plan integrado supón un investimento de ao redor de 250.000 euros e poñeranse todos os recursos e medios necesarios para que vós poidades ter esa formación e poidades aproveitar esta oportunidade”, sinalou o alcalde alegando que este tipos de programas son “unha ferramenta moi potente, xa que nos dá todas as facilidades para suplir as carencias que temos e poder competir e entrar no mercado laboral, que cada vez é máis complexo”.

 

 

pie4

O rexedor adiantou que neste primeiro trimestre o Concello poñerá en marcha un novo Plan de Emprego do que evidentemente tamén se poden beneficiar estes 85 participantes deste programa e este novo plan  proporcionará postos de traballo dun ano de duración aportando experiencia nun posto de traballo da xestión municipal. Tamén se levaran a cabo diversos obradoiros de emprego que “sairán este mes e que desta vez será, máis probable, de nove meses, e non de seis como ata os de agora”, explicou López. Os obradoiros teñen unha parte formativa e outra de práctica laboral remunerada e os beneficiarios recibirán un certificado de profesionalidade.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1