Nas rúas estradenses xa se respira ambiente de Nadal desde hai uns días coas luces que adornan as
distintas zonas. Ademais, desde hoxe pola mañá todo aquel que desexe facerse unha foto para
conmemorar estas datas poden facelo dunha maneira diferente, mediante o photocall instalado ás portas da
Casa Consistorial. É unha maneira divertida de facer unha instantánea en compañía dos Reis Magos e de
Papa Noel, con renos incluídos. Este photocall permanecerá nese sitio durante todas as festas de Nadal.