Premio de Novela García Barros 2011 - 2013

14 Marzo 2014

 

2013 - XXV Edición - 1º Premio

 

 A lua da colleita

 

 

Anxos Sumai

A LÚA DA COLLEITA
 
 

“Happy bebía albariño na terraza acompañada de Vidal. Había moita xente esa noite no restaurante, ceando fóra. Persistía a calor da tarde pero atenuada por unha suave brisa que cheiraba intensamente a mar e a pólvora. No peirao estouraban fogos artificiais, que se reflectían vibrantes e coloridos na tona da auga. De cando en vez oíanse murmurios felices e asombrados polo espectáculo pirotécnico. Mesmo Iggy, encirrado pola explosión das bombas, parecía contento e saltaba no aire na procura das charamuscas extraviadas que se apagaban sobre o cantil”.

2012 - XXIV Edición - 1º Premio

 

Hora zulu 2012

 

Santiago Lopo

HORA ZULÚ

“De xeito sorprendente, o avaliado decide falar hoxe por primeira vez. Despois de sentar, o interno repítelle ao doutor Penselas con insistencia a súa habitual pregunta: “Que hora é?” A resposta do doutor Penselas, cito textualmente, é: “Nin o sei nin me importa, cona!”. O avaliado bótase a rir e dille: “Así me gusta”. Ante a nosa expresión de incredulidade o paciente continúa: “Non sei como me chamo, nin de onde veño. Non recordo nada. Pero non estou tolo”. Apreciámoslle un lixeiro acento cando fala, case imperceptible e moi peculiar, mais n recoñecemos a súa procedencia. Decidimos actuar con cautela e non alteralo con preguntas persoais. Cando o interrogamos sobre o seu primeiro recordo, dinos: “Estaba mollado e tiña a boca chea de area”. Queremos descubrir se está a gusto na súa cela de illamento pero fica en silencio e empeza a poñerse nervioso. Optamos por terminar a entrevista ás 12.50 horas.

Diagnóstico: Amnesia retrógrada. Posible demencia”.

2011 - XXIII Edición - 1º Premio

   As fiandeiras 20112
 

Antonio Piñeiro

AS FIANDEIRAS

“A calor remontaba o día, o tempo quieto, abrasado. Duraba xa semanas. O chan quedara seco, cuberto de insectos, agónico ou baleiro, igual que a vila que, como todo o país naqueles días, era como unha cuncha pululada de nenos, anciáns, fume e rodadas de carruaxe. Un eco de lume, látego e azoute.

As cuadrillas de nenos e as parellas de anciáns paseaban, arriba e abaixo, polas rúas, ollando rutineiramente o discorrer do río, as xunqueiras, o horizonte, cos seus acenos atacados de dúbida ou de súplica, en espera dos acontecementos. Unha paisaxe de formas desleigadas e corpos francos, mans negras, grandes pupilas, sombreiros de palla ou de xoio, pés deformados e medo; aquel medo irreal, de morte fácil, de leva e predestinación. O batallón, logo de asegurar a bisbarra de Tabeirós e o Deza, recibira orde de ir cara Betanzos, onde os proclamantes estaban a piques de dar o paso, deixando na Estrada un pelotón de retén, en conivencia cos leais e as restituídas forzas da orde”.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1