Consumo de drogas nos adolescentes

Consumo de drogas nos adolescentes

drogas

O que, nun principio, é considerado polo individuo como un instrumento controlable, para sentirse máis cerca do grupo e compartir experiencias cos iguais, se pode converter en causa dun proceso de marxinación, cando aumenta o consumo e converte ao usuario en drogodependente que sufrirá un rexeitamento social e o abandono daqueles que o apoiaban e animaban ao consumo.

É moi importante que os adolescentes aprendan a ver os distintos aspectos deste problema e a coñecer a cantidade de intereses que existen arredor das drogas e o gran negocio que supón para moitas persoas. As drogas supoñen unha fonte de ingresos económicos tan forte para os gobernos, que é moi complicado seguir unha política dura de loita contra ela en todos os casos. O adolescente debe aprender a tomar as súas propias decisións e a enfrontarse aos problemas. El decidirá se quere rexeitar ou non o consumo de drogas. Todos, como educadores, debemos facer que os adolescentes desenvolvan unha resistencia fronte ás drogas e substancias que poden crear dependencia: existen e seguirán existindo no futuro, a forma correcta de convivir con todo iso é facernos resistentes. Como? A continuación daremos algúns datos da presenza do consumo de drogas nas relacións dos adolescentes:

 

  • Durante a adolescencia, existe unha importante asociación do tempo libre co consumo de certas substancias, especialmente o alcohol, e a facilidade para as relaciones persoais.

Está demostrado que máis do 70% do consumo de alcohol na xuventude, se realiza durante as fins de semana e nos períodos de vacacións, xa que asocian a diversión co consumo de alcohol.

 

  • O tabaco é a droga máis consumida pola mocidade.

Sábese que máis do 80% dos adolescentes o probou, aínda que gran parte deles pensa que pode deixalo cando queira e que non supón un perigo para a súa saúde.

 

  • O cannabis é a droga ilegal máis consumida entre os adolescentes.

Case a metade dos adolescentes do noso país recibiu nalgún momento a oferta de fumarse un porro de haxix, ben no centro escolar ou nos lugares de recreo. Cos programas de prevención de tabaco, conseguiuse, en moitos casos, que o inicio de consumo sexa máis tarde, ou non se produza; non obstante descoidamos ao consumo de haxix: hai moitos adolescentes que pensan que o tabaco é máis prexudicial cos porros, crea máis hábito, trae más secuelas, etc.

 

  • É frecuente que os adolescentes se sintan por encima dos problemas que xera o consumo de drogas e digan que eles non se van enganchar e que por probar no lles vai pasar nada.

Está demostrado que hai drogas, como a heroína, que xeran tanta dependencia, que despois de ter sido consumidas máis de dez veces, xa poden ser problemáticas para os individuos.

 

  • Outro problema que se esquece con frecuencia é o da automedicación nos adolescentes.

O consumo arbitrario de medicamentos pode ser causa de dependencia grave e cada vez aumenta máis o número de adolescentes que os toman para paliar estados de malestar, e incluso, para mellorar o seu aspecto físico.

 

  • É moi importante sinalar a gran influencia que exerce o grupo de iguais nestes momentos de inicio no consumo de drogas.

A gran maioría dos adolescentes que se introducen no consumo de drogas legais ou ilegais (sobre todo cannabis), aducen estar motivados polo seu grupo. O consumo de drogas nesta etapa da vida é fundamentalmente colectivo. As drogas forman parte dos ritos para relacionarse socialmente e para sentirse parte integrante do grupo de iguais

 

Voltar

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1