ACTIVIDADES 8M DO CONCELLO DA ESTRADA

08 Marzo 2021

RESUMO DA MOCIÓN CONXUNTA DE TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS REDACTADA CON MOTIVO DO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" aprobada no Pleno do 4 de marzo de 2021.

 

A crise ocasionada pola COVID-19 lle afecta de xeito diferente a mulleres e a homes,  analizado por distintos organismos, internacionais, nacionais e tamén autonómicos, sinalase que a tripla dimensión desta crise, sanitaria, social e económica, ten unha repercusión diferente entre homes e mulleres e que a resposta á crise debe incorporar o enfoque de xénero para que non se incrementen as desigualdades xa existentes.
 
 
As estatísticas seguen a revelar unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, no acceso a sectores e ámbitos aínda fortemente masculinizados, así como tamén na presenza nas esferas de decisión. Hoxe fixamos a mirada especialmente sobre aquelas que sofren unha maior precariedade, as mulleres que por posición social e vital necesitan das políticas públicas, dos recursos do estado e das institucións.
 

Por todo isto, os grupos integrantes do Pleno do Concello de A Estrada acordaron unha serie de medidas que instan ás institucións e ao goberno central, autonómico e local para aplicar políticas específicas e seguir traballando para eliminar os estereotipos e roles que sustentan a desigualdade de xénero.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1