Bases do Concurso Entroido Virtual Concello de A Estrada 2021

10 Febreiro 2021

Dende o día 10 de febreiro ata o día 15 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao perfil de facebook habilitado ó efecto. O día 16 de febreiro ás 20:00 h subiráse un vídeo editado con tódalas fotografías e vídeos participantes ao facebook do concurso. O día 17 de febreiro ás 20:00 h comunicaranse a través do facebook do concurso os gañadores do Entroido Virtual 2021.

 

Aquelas familias ou unidades conviventes e pertencentes ó Concello de A Estrada, que desexen participar neste concurso, deberán publicar a súa fotografía ou video disfrazados, no perfil de facebook que se habilitará para dito concurso especificando o nome do disfraz que se atribúen, asimesmo deberán enviar cuberto o modelo de instancia de participación normalizado do concello de A Estrada ó enderezo de mail que se habilitará para tal fin, a partires da publicación destas bases e ata o 15 de febreiro ás 15.00h, momento no que rematará o prazo e non se aceptarán máis participantes.

 

 

entroido virtual 2021

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1