- Cómo funciona este asesoramento?
1. O primeiro que che recomendamos facer é ler as recomendacións oficiais do Colexio Oficial de Psicólogos.
Nestes momentos é importante coidar non só a saúde física, senón tamén a psicolóxica.
Por iso, hai que estar igualmente informade@ s de que recomendacións seguir para manternos equilibrade@s.
2. Se por calquera motivo tes a sensación de que esta situación supérate completamente e non podes controlalo, utiliza este servizo e ponte en mans dun profesional.
Lembra que é moi importante que só o solicites se de verdade o necesitas, en caso contrario estarás a privar deste servizo a outras persoas que o necesitan máis.
3. Para acceder ao servizo, só necesitas elixir un profesional nos apartado "psicólogos" desta web e reservar a túa cita.
Recibirás unha confirmación da cita no teu correo electrónico no cal se che facilitará un link para acceder á videollamada o día e hora indicados.
Reserva unha soa cita- o profesional indicarache se é necesario reservar unha nova cita ou non e cando.
Durante o proceso de reserva de cita, é importante que gardes a cita no teu calendario (Se é unha videollamada, terás un link para acceder na invitación do calendario)