Dende onte xoves e ata novo aviso, as actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello da Estrada ou realizadas en dependencias municipais quedan canceladas con motivo do COVID-19. Unha medida tomada atendendo ás restricións e recomendacións da Xunta de Galicia. Calquera modificación nestas medidas será comunicada ao seu debido tempo.