Desde a Deputación de Pontevedra ponse en marcha o programa “DepoFroitos” que ten como obxectivo xeral impulsar as producións de froitos do bosque de calidade en terreos de cultivo abandonados con manexo ecolóxico .
Está destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego e a través dunha experiencia innovadora de formación e acompañamento coñeceremos as oportunidades de negocio que ofrece o emprendemento no sector dos froitos do bosque.
Profundarase especialmente en como emprender no sector dos froitos do bosque, fomentando a creación de ideas que promovan o desenvolvemento sustentable en zonas despoboadas e rurais, que ofrezan solucións creativas e innovadoras aos retos socio-ambientais actuais e opcións sustentables de usos e prácticas que melloren a relación do ser humano co planeta, así como facilitar a comercialización das producións e crear unha agrupación comercial de froitos do bosque.
Acción formativa: DepoFroitos, o cultivo de froitos do bosque ecolóxico.
Obxectivos: Asesorar ao alumnado para a posta en marcha dunha explotación de froitos do Bosque con manexo ecolóxico, informando sobre as posibles orientacións produtivas, tramitación de axudas e subvencións, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de ferramentas en liña innovadoras..
Modalidades:
- Servicio de Asesoría de Plantacións de Froitos do Bosque
- Accións de Innovación social sobre Emprendemento no sector Froitos do Bosque (10 horas a distancia).
- Accións de Innovación social sobre Internacionalización (10 horas a distancia).
Máis información nos teléfonos 886 210 725 Ext. 40734 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Ubicación |
Data Realizacion |
Horario |
Concello de Cuntis |
2/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello A Estrada |
4/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Silleda |
6/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Ponteareas |
9/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de O Rosal |
11/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Salceda de Caselas |
13/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Marin |
16/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Vilaboa |
18/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Meaño |
20/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de A Cañiza |
23/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de Nigran |
25/03/2020 |
10:00-14:00 |
Concello de A Lama |
27/03/2020 |
10:00-14:00 |
* Prema sobre a imaxe para ampliala.