Venres 21
Dende as 21:00h concurso de disfraces da Hostelería Estradense. Máis de 1600 € en premios. Inscrición no Robert´s Café
Sábado 22
Ás 16,30h. baile de disfraces infantil, con xogos e merenda no Samaná
Domingo 23
Durante todo o día Entroido Tradicional na parroquia de Sta. Cristina de Vea
Encontros dos Xenerais ás 19:30h. no campo da festa de Santa Cristina de Vea
Ás17:30 baile de disfraces para os maiores, co Dúo Galín na Residencia
Luns 24
Bicientroido solidario: ás 15:30h. na parte de atrás do Teatro Principal obradoiro infantil e xuvenil gratuíto de decoración de bicis, prazas limitadas, inscriciòn en Alcaldía, ata o venres 21.
Ás 18:00h, por un kg de calquera alimento non perecedeiro que destinaremos a Cáritas, inscrición para a biciantroidada: un paseo solidario polo noso pobo, para tódalas idades,con saída e remate na Praza do Concello,con premios para a bici máis orixinal e a máis elaborada.
Pola noite baile de disfraces en Guimarei -> http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1015/gl
Martes 25
Dende as 16:00 h Concurso e entroido tradicional polas rúas da Estrada encontros e vivas dos xenerais na praza da feira
Sermón do padre Xiao
Entrega de premios
Sábado 29
Durante todo o día Entroido Tradicional na parroquia de Arnois
Encontros dos Xenerais a partir das 19:00h. no Campo da Festa
Sesión Vermú dende as 12:30 h na Porta do Sol.
Busqueda do Tesouro Tradicional do Sábado de Piñata polos locais da hostalería da Estrada dende as 17:00 h
Enterro do Salmón con sermón do Padre Xiao ás 19:00 h dende a Porta do Sol ata a Praza do Mercado e posterior concerto da Banda de Nash
Domingo 1 de marzo
Durante todo o día Entroido Tradicional na parroquia de Santeles
Encontros dos Xenerais a partir das 19:00h. no Campo da Festa