O luns 30 de decembro ás 12.30 h FÍOS de BAOBAB TEATRO.
FÍOS
Baobab Teatro (Espectáculo nomeado aos Premios Max)
DÍA: Luns 30 de decembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro de monicreques e actores
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Infantil +3 anos
ENTRADA: 3,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: "Fíos" é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oidos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.