A partir do 2 de decembro e ata o 12 de decembro (ambos incluídos), se abrirá o prazo para presentar as solicitudes de incrición do "ESPAZO CONCILIA NADAL 2019".
As datas de celebración do Campamento serán do 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020 (ambos incluídos); e terá un custo de 23,10€.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
- Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa
- Orde de entrada das solicitudes
*Prema sobre a imaxe para ampliala.