O venres 29 ás 20.00 h a Festa da Poesía, o sábado 30 de novembro ás 12.30 h "A HISTORIA DE BRANCAFLOR" de Os sete magníficos máis un e o día 1 de decembro ás 20.00 h "VACAS, GUERRAS, PORCOS" de Quico Cadaval.
Día 29 ás 20.00 h -FESTA DA POESÍA
O Teatro Principal acolle unha nova edición da Festa da Poesía que terá como limiar a entrega do XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares a Ramón Sandoval. Despois deste acto, unha relación de recitadores procedentes dos ámbitos educativo, político, empresarial, deportivo e cultural lerá cadanseu poema.
Día 30 ás 12.30 h -A HISTORIA DE BRANCAFLOR, OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN
A HISTORIA DE BRANCAFLOR
Os sete magníficos máis un
DÍA: Sábado 30 de novembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Escenario Teatro Principal
XÉNERO: Contacontos infantil
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Familiar
ENTRADA: 5,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Con Fran Rei como protagonista, A historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte dos contacontos.
Baixo a dirección do Premio María Casares Avelino González, nesta obra a narración acompañáse con xogos de maxia que fan máis atractivo o espectáculo.
Día 01 ás 20.00 h -VACAS, GUERRAS, PORCOS, QUICO CADAVAL
Vacas, guerras, porcos
QUICO CADAVAL
DÍA: Domingo 1 de decembro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Contacontos
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: +16 anos
ENTRADA: 5,00 (venda anticipada no Concello)
SINOPSE: Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo veciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Pero observando o seu entorno, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosas.