O venres 4 de outubro ás 21.00 h - ELISA E MARCELA, A PANADARÍA TEATRO e o sábado 5 de outubro ás 21.00 h - GALICIA, UN PAÍS DE LENDA, AACC A PONTENOVA.
Día 04 ás 21.00 h -ELISA E MARCELA, A PANADARÍA TEATRO
ELISA E MARCELA, A Panadaría Teatro
4 premios María Casares
DÍA: Venres 4 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +12 anos
ENTRADA:5,00€ (venda anticipada no Concello da Estrada)
SINOPSE: Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Una comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Día 05 ás 21.00 h -GALICIA, UN PAÍS DE LENDA, AACC A PONTENOVA
Galicia, terra de lenda
A Ponte Vella
DÍA: Sábado 5 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música tradicional e teatro
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 7,00€ (venda anticipada no departamento de Cultura e Calzados A Esquina)
SINOPSE: Galicia, terra de LENDA é un espectáculo de raíz, que emerxe dun equilibrio entre teatro e baile e música tradicionais. Nel, cobra vida un seleccionado repertorio de lendas, crenzas e costumes das nosas entrañas máis fantásticas e fabulosas. Ademais, conta cun fío condutor que mantén o suspense e o drama ata o final da obra.