Previos os trámites preceptivos, a Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 12.08.19 aprobou inicialmente o Proxecto de Ocupación das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación SUD-R06-AVENIDA DE VIGO, presentado en data 19.07.19 (asinado dixitalmente polo avogado e secretario da mesma, D. Juan Arnaiz Ramos e polo arquitecto, D. Germán Carballeira Martín, en igual data). Ten por obxecto o cálculo do valor do aproveitamento (deducidas as cargas de urbanización) que terá que recoñecerse aos propietarios que non solicitaron en prazo a incorporación á Xunta de Compensación.