O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, organiza este mes de Agosto de 2019, o IV Trofeo de Pretemporada Concello da Estrada. Este trofeo esta dirixido os clubs de futbol da comarca e nesta edición contaremos ca participación do CD Estradense B, CD Berres, Vea CF e Agrupación Estudiantil.
Este torneo intenta xuntar os equipos de fútbol do noso concello e servirá de preparación de pretemporada para os equipos que participan. A entrada a todos os partidos será gratuita.
O formato do trofeo será de semifinais , 3º e 4º posto e final cos 4 equipos participantes, xogando todos dous partidos. Os encontros xogaranse tanto entre semana coma na fin de semana nos campos de fútbol municipais.
A arbitraxe dos encontros estará a cargo de colexiados do Comité Galego de árbitros.
Ca dispoñibilidade existente das instalacións, polo traballo de pretemporada dos diferentes clubs deportivos, e os inicios das ligas nos diferentes campionatos, as datas que plantexamos dende o departamento de deportes son as seguintes, tendo en conta cos horarios e campo de xogo dos partidos poderán alterarse previo entendemento entre os dous clubs.
SEMIFINAL 1:
Martes 20/8 ás 21:00h. Campo San Martiño en Callobre. Agrupación Estudiantil- Estradense B.
SEMIFINAL 2:
Mércores 21/8 ás 21:30h. Campo O Pardiñeiro en Berres. CD Berres - Vea CF.
3º E 4º POSTO:
Data por confirmar
FINAL:
Data por confirmar