Logo de conquistar o premio de poesía Avelina Valladares convocado polo Concello da Estrada no ano 2008, a escritora Berta Dávila Fernández acadou o premio de novela Manuel García Barros na súa trixésimo primeira edición. O xurado, integrado por Eulalia Agrelo, Armando Requeixo, Inmaculada Otero, Carlos Lema e Carlos Loureiro, en calidade de secretario, designou como gañadora a novela Carrusel escrita pola autora compostelá. A entrega do premio terá lugar o próximo mes de decembro no Teatro Principal da vila.
Berta Dávila gaña o premio García Barros
-
18 Xullo 2019
![]() |
Concello da Estrada Praza do Concello s/n 36680 A Estrada - Pontevedra Telf: 986570165 info@aestrada.gal |
- Política de privacidad - Aviso legal |
Conforme con: HTML5 | CSS 3.0 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
|