A EMAE colabora na obra de Simón Couceiro A Batalla de Matalobos

12 Xullo 2019

Este vindeiro domingo ás 20.30 h no Campo da Festa de Matalobos, a Banda Municipal da Estrada e un grupo de actores integrado por veciños da parroquia e actores da Escola Municipal de Artes Escénicas porá en escena unha obra musical de Simón Couceiro que homenaxea á loita que emprenderon os veciños de Matalobos contra os franceses no ano 1809.

 

A obra estreouse con grande éxito o 24 de marzo no Palacio da ópera da Coruña coa participación da Banda de Música Municipal da Coruña e no Teatro Principal da Estrada o sábado 11 de maio.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1