Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A Estrada e CAI A Estrada, organizan o sábado día 22 de Xuño a VIII Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba será a primeira carreira puntuable para o VII Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2018 nun circuito urbano de asfalto de 4 km o cal os corredores, na proba absoluta, deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.