Lémbrase á veciñanza que se atopa suspendida a obra de teatro cómica Elisa e Marcela programada para hoxe, venres 10 de maio, ás 21:00 horas. Ante a imposibilidade de poder contar co elenco orixinal que compón o espectáculo para a función de hoxe, trasladarase a obra ao vindeiro 4 de outubro e pasará a formar parte da programación cultural de outono.