García Barros e Os contiños da terra, no Teleclub de Callobre

26 Abril 2019

Mañá sábado, no Teleclub de Callobre ás 21.00 h, a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, da man da Asociación Isaac Ken Keirades de Callobre, porá en escena Os contiños da terra, unha adaptación feita polo dramaturgo Santiago Cortegoso a partir do libro de Manuel García Barros.

 

A peza está interpretada polos actores Chelo do Rejo, Francisco Campos e Gonzalo Valcárcel, musicada polo acordeonista Juan Ruibal e dirixida por Santiago Cortegoso, gañador, entre outros, dos premios María Casares e Álvaro Cunqueiro e finalista dos Premios Max nos anos 2017 e 2019..

 

É unha iniciativa que conmemora o XXX aniversario de novela Manuel García Barros e coa que a Escola de Artes Escénicas pretende difundir a memoria e a obra do autor estradense por toda a xeografía galega.

 

En palabras do autor e director da obra, Santi Cortegoso, a peza emprega a liña argumental dos contos "A carón da pedra", "A Ciridonio non se engana" e "O tío Zanfona" e serve para poñer en valor á narración oral como elemento básico de relación social".

 

Carlos Loureiro, prologuista da peza na que se basea o espectáculo, tamén afirma en relación á obra que serve para evidenciar que unha sociedade que mira cara adiante terá sempre que empregar o retrovisor, senón será unha sociedade capada..."

 

Esta primeira emblemática función en Callobre, lugar no que viviu e finou o escritor estradense, terá continuidade o vindeiro día 5 de maio ás 19.30 h no que terá lugar a estrea no Teatro Principal da Estrada.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1