O Conservatorio dedicará as audicións desta semana a Carlos Barruso

08 Abril 2019

O Conservatorio Profesional de Música da Estrada dedicará as audicións do luns, martes e mércores desta semana, correspondentes ao segundo trimestre, a Carlos Barruso, como forma de renderlle homenaxe. Máis de 100 alumnos do Conservatorio Profesional de Música e da Escola de Música Municipal participarán nestas audicións que comezarán ás 19:30 horas de cada xornada no salón de actos do conservatorio.

 

Os alumnos interpretarán pezas de estilo clásico, tanto en grupo como de xeito individual, formando parte das distintas agrupacións, aula de música e movemento, banda xuvenil, orquestra do grao profesional, coro e grupos de música de cámara.

 

Descargar pdf.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1