Presentación de solicitudes de novo ingreso na escola infantil municipal

02 Abril 2019

Atópase aberto o prazo de matrícula ordinario destinado a inscribir aos nenos na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2019/2020. Este prazo permanecerá aberto ata o luns 15 de abril, polo que as persoas interesadas en matricular aos seus fillos e fillas poderán facelo presentando a solicitude directamente na escola e uns días despois do remate do prazo publicarase un listado coa baremación oportuna, segundo informou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

Segundo o artigo 9o do regulamento de réxime interno, o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será a primeira quincena do mes de abril.


Os impresos de solicitude están a disposición dos/as usuarios/as nas dependencias da escola infantil municipal.


A documentación a aportar xunto coa solicitude é a seguinte:

 

  • Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais.
  • Fotocopia e orixinal do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Fotocopia e orixinal do título de familia númerosa de ser o caso fotocopia do xustificante de ocupación laboral.
  • 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á s.S. No réxime especial de traballadores por conta propia.
  • Fotocopia e orixinal da declaración do irpf de ambos os proxenitores.
  • Fotocopia do xustificante ou certificación de ser demandante de emprego.
  • Fotocopia do documento que acredite ser beneficiario/a do tramo de inserción (risga).
  • Fotocopia do certificado do recoñecemento do grao de discapacidade alegada polos membros da unidade familiar documentación acreditativa no caso de acollemento.
  • Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar .
  • Informe do equipo de valoración e orientación das delegacions provincias da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondientes comunidades autónomicas, sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades de apoio específico.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.
  • Informe dos servizos sociais do concello correspondiente no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacions especiais en que viva a unidade familiar.
  • Volante de empadroamento familiar.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1