O pintor José María García Fernández exporá na Sala Abanca da Estrada a partir de mañá, venres 18 de xaneiro, e ata o último día do mes, parte da súa obra inspirada no mar e no paisaxismo.
De León, ademais de lugar de orixe do artista, converteuse na firma empregada por este á hora de marcar a autoría das súas obras. Unhas obras salpicadas polas vivencias de García como mariño mercante, onde o mar cobra un peso especial.
A mostra reunirá pezas creadas mediante o emprego de diferentes técnicas, como o emprego de esmaltes en frío sobre cristal, relevo e óleos.