Teatro do Noroeste
DÍA: Venres 6 de abril
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: +16
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)
Esta obra narra a difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.