Acrofam abordará neste novo curso académico como novidade a Educación Afectivo Sexual e a figura de Alumno Acompañante

Este ano súmase os centros Villar Paramá, o Cabada Vázquez e o de Oca.

 

acrofam

O Concello da Estrada e Asociación para el Crecimiento y Orientación Familiar en Familia (Acrofam) seguen traballando da man, en beneficio da comunidade educativa. Esta maña a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, Kim Llobet, presidenta de Acrofam, e representantes de diversos centros educativos presentaron a iniciativa. Neste curso académico 2017/2018 abordarán temas xa tratados no período anterior, como son a Sexualidade, o Acoso Escolar,a Autoestima e o Tai chi, pero tratarán tamén outros novos, que son a Educación Afectivo Sexual e a figura do Alumno Acompañante. Este ano únense a iniciativa tres centros máis: o CEIP Villar Paramá de Vea, o Cabada Vázquez de Codeseda e o de Oca.

 

“O Concello da Estrada temos un convenio que cada ano vaise renovando a través dunha subvención nominativa e facemos unha aportación económica para que eles poidan traballar nos centros educativos”, apunta Goldar. A subvención do Concello destinada para este fin é de 4.500 euros. A parte hai centros educativos, asociacións de pais e nais, así como a federación de ANPAS que aportan o seu gran de area para axudar economicamente a desenvolver esta iniciativa.

 

Desta maneira as actividades que se levarán a cabo serán:

  • Educación Emocional eTai Chi para o alumnado de terceiro, cuarto quinto e sexto do Villar Paramá
  • Musicoterapia nas aulas de infantil do de Oca.
  • Educación emocional e Tai Chi nas aulas de primaria de Oca.
  • Educación Afectivo-Sexual, nas aulas de infantil e primaria do de Codeseda.
  • A actividade de Alumno Acompañante nas aulas de terceiro e cuarto de primaria do Pérez Viondi.
  • Educación Afectivo-Sexual, nas aulas de infantil (4 e 5 anos) do colexio de Figueroa.
  • Alumno acompañante nas aulas de terceiro e cuarto de primaria do de Figueroa e nas aulas de segundo da ESO do instituto Nº 1.
  • Abordaranse os valores dunha sexualidade responsables nas aulas de terceiro da ESO e oratoria e debate nas de cuarto da ESO,ambas no Nº1.

 

Ademais, Acrofam continúa con encontros mensuais para pais e nais mediante o proxecto Tda/h e teñen en mente poñer en marcha o proxecto Crecer Juntos na Escola de Familia, que esta última iniciativa levarase a cabo de momento nos colexios de Figueroa e Cabada Vázquez. “Buscamos a implicación das Administracións, dos centros escolares e por suposto, a das familias. Os centros escolares están respondendo e están interesados en traballar nestas cuestións e nós estamos encantados de poder contribuír a mellorar a comunidade educativa, con esa outra parte de formar a personitas”, sinala Llobet.

 

Esta semana xa comezou a primeira sesión da Escola de Familia no centro de Codeseda

 

“Esta iniciativa parécenos moi interesante, levamos participado todos os anos e é un luxo que o Concello participe e colabore con estas actividades”, sinalou unha das representantes dun centro educativo estradense.

 

En Vea xa se empezou coa actividade de Tai Chi faltando só unha sesión que se levará a cabo a volta das vacacións de Nadal. Así, como no colexio de Figueiroa empezou co Alumno Acompañante e Mediadores e todas as demais arrancarán en xaneiro no resto de centros. “Co paso do tempo démonos conta que en canto máis abaixo empecemos máis nos facilita o traballo, aínda que cando xurdiu Acofam enfocámolo a Secundaria”, confesa a presidenta do colectivo.

 

O programa do alumno acompañante ou alumno axudante

 

Esta iniciativa pretende crear unha rede de axuda entre o alumnado con intervención ou impacto na convivencia e fundamentalmente cunha visión preventiva. Pretende fomentar a cooperación, a empatía, incrementar os sentimentos de benestar individual e interpersoais e por ende mellorar a convivencia.Ademais, propicia a resolución dalgún tipo de conflito promovendo a implicación dos mesmos que interveñen no mesmo. As partes, por iniciativa propia ou alentadas por alguén, buscan a través do diálogo o entendemento mutuo e a solución pacífica das diferenzas. Así os rapaces apóianse entre eles e realizan pequenos actos de mediación se fose preciso. Tanto na actividade de alumno acompañante como de mediador o alumnado participan aqueles que o desexen.

 

Oratoria e debate

 

Esta actividade levarase a cabo no número 1. “Parécenos que é unha maneira de que o alumnado aprenda a debater sen faltar ao respecto e que proporciona vocabulario e cremos que desarrolla a creatividade, a análise, a reflexión, serve para estruturar argumentos..”, indica Llobet que engade que asistirá en xaneiro o avogado Santiago Martínez a dar unha sesión neste centro educativo que ademais el é campión de España de Oratoria e Debate.

 

Taller Afectivo-Sexual

 

É outra das novidades. Este taller estará impartido por Lara Fuente, que é psicóloga e axente de igualdade, e por Carlos Vila, que é psicólogo e terapeuta e mediador e profesor dos Campus de Lugo e de Santiago.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1