A Coral Polifónica Estradense estrea o seu novo CD ‘Sorriso de Burbullas’ no que participan máis de 80 artistas

Conta coa colaboración da Coral Polifónica de Soutomaior e coa Banda Municipal da Estrada.

 

A Coral Polifónica Estradense acaba de sacar a luz o seu novo traballo que leva por nome Sorriso de Burbullas. Foi gravado en directo no concerto ofrecido no Nadal pasado. Esta mañá o director da agrupación, Xabier Comesaña, xunto a outro dos membros da directiva, Ramiro Sánchez, e o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, deu todos os detalles sobre o CD. A agrupación acaba de cumprir dous anos desde que en 1997, despois de varios intentos falidos, fixo a súa primeira actuación nas festas patronais de San Paio. Nos seus inicios contaba cuns 60 músicos, hoxe en día a agrupación esta composta por uns 40. “Desde aquelas foron moitas as efemérides que adornan a traxectoria desta coral. Actuacións en certames internacionais, gravacións para a radio e televisión galegas, colaboracións con outras agrupacións e homenaxes como a que lle renderon ao himno galego polo seu centenario con música do seu director ”, apunta o concelleiro.

 

cd coral

A Coral Polifónica Estradense interpreta este novo proxecto contando coa colaboración da Coral Polifónica de Soutomaior e co acompañamento da Banda Municipal da Estrada. En total, participan máis de 80 artistas. Tal e como adianta Comesaña neste traballo aparecen oito números musicais de distintas décadas, pasando polos anos 50, 60, 70 e 80. Ademais, está composto por seis temas instrumentais-vocais, destacando o instrumental Frenesí e o vocal a capela Suite comercial navideña. Esta peza é un popurri dos anuncios de Nadal como son La chispa de la vida de Coca cola, o do turrón de Suchard de Vuelve a casa Vuelve, o das Muñecas de Famosa, entre outros. “De feito, a portada do CD fai referencia ao anuncio La chispa de la vida de Coca cola”, engade Ramiro Sánchez. Ademais dentro do libreto quixeron deixar constancia de mitos como a revista Hola ou a Familia Telerín.

 

Os arranxos das pezas están feitos polo director, por Javier Comesaña. “No 2016 estivemos montando a Gran Vía, que o concerto foi acompañado coa Banda Municipal de Santiago, e para cambiar un pouco de repertorio plantexei se lles apetecía facer unha musica máis actual e eles animáronse a este novo reto e púxenme a facer os arranxos de temas como El hijo de la luna, Abba en Concierto, Un beso y una floz, Quizás, quizás...que son temas representativos dos anos 60, 70 e 80 ”, sinala o director.

 

Sorriso de Burbullas convertese así no terceiro CD editado con acompañamento musical da Banda Municipal da Estrada e baixo a dirección de Comesaña, nos 20 anos de vida musical desta agrupación. A parte, a Coral Polifónica Estradense ten editado outro traballo a capela titulado Cen anos hai, que foi gravado no 2010 e é un disco dedicado integramente á música galega.  O primeiro leva por título Ópera  y Zarzuela e o segundo Coros de Zarzuela e este terceiro polo tanto, caracterízase por un estilo distinto. “A idea e romper con esa idea de que as corais só facemos un tipo de música, pero as corais podemos facer calquera tipo de  música como pop, rock, opera, zarzuela…”, indica o director que ademais adianta que “é un disco moi ameno de escoitar”.

 

En vindeiros días anunciarase os puntos de venda deste novo traballo, do que se editaron 1.000 exemplares. “Este traballo supón o mellor agasallo de Nadal para os moitos afeccionados á musica coral da Estrada e que serve para homenaxear o vinte aniversario desta agrupación. Desde aquí felicitar a esta agrupación por este feliz nacemento e desexarlle moitos éxitos de cara ao novo ano”, conclúe o edil de Cultura.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1